InicioEconomíaTraballadores de Vestas piden a implicación de toda a Mariña para salvar...

Traballadores de Vestas piden a implicación de toda a Mariña para salvar os seus postos

Queren que se impliquen políticamente para resolver a súa situación tras o anuncio do peche da fábrica de Chavín.

Publicada o

Os traballadores da fábrica de aeroxeradores que a multinacional Vestas ten en Chavín, no municipio de Viveiro, buscan a complicidade das administracións locais da Mariña para loitar polos seus postos de traballo, despois de que a compañía anunciase o peche da factoría, na que traballan 115 persoas, para finais do presente ano. Este venres -día 24 de setembro, representantes do comité de empresa reuniranse coa alcaldesa e a corporación municipal de Viveiro, así como con outros alcaldes da comarca, para buscar o apoio dos concellos mariñáns no conflito laboral exposto polo anuncio do cesamento de actividade da fábrica. Así mesmo, o comité de empresa convocou para este sábado, día 25 de setembro, unha concentración na Praza do Concello desa localidade mariñá para expresar o seu rexeitamento ao anunciado peche da factoría e reclamar unha “solución” que permita manter os empregos. O presidente do comité, David Mariño, confirmou que a esa concentración do mediodía foron convocadostodos os traballadores. “Espero que se trate dun acto de fraternidade, de familias e amigos dos traballadores de Vestas, como unha mostra do que nos une e do orgullosos que estamos do noso traballo e da nosa comarca”, dixo Mariño aos medios de comunicación. Ademais, confirmou que o persoal seguirá concentrándose a diario, ás 10:30 horas, ante as portas da fábrica, durante o tempo de descanso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...