InicioEconomíaConsumo de peixe ou anisakis, temas das xornadas da pesca de Celeiro

Consumo de peixe ou anisakis, temas das xornadas da pesca de Celeiro

O sábado haberá un recoñecemento ao papel das mulleres no sector pesqueiro

Publicada o

- Advertisement -

A vixésimo terceira edición das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que organizan a Confraría de Celeiro e a OPP-77, comezaron este venres. Ao longo da fin de semana celebraranse trece relatorios.

Na xornada matinal deste venres abordáronse temas como o consumo de peixe fresco, a nutrición ou o anisakis, o parásito que acendeu unha alarma que fixo caer as ventas de, entre outras especies, a pescada, que supón o 88% da facturación total de Celeiro.

O emprego, os futuros escenarios para a pesca desde o punto de vista económico, co Brexit como eixo, ou o regulamento de desembarque centraron a xornada de tarde.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, encargouse de abrir o acto inaugural, ao que tamén asistiu a alcaldesa, a socialista María Loureiro, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández

SÁBADO

O sábado, con xornada unicamente matinal, as cotas, a trazabilidade ou a tecnoloxía para combater e previr infeccións provocadas polos parásitos serán dous dos aspectos fundamentais a tratar nas conferencias.

cotas ou trazabilidade centrarán a axenda do sábado

Ao longo da xornada de clausura realizarase tamén un recoñecemento á figura da muller no sector pesqueiro.

RECOÑECEMENTO Á MULLER

A organización entregará pracas conmemorativas á Rede Española Mulleres de Pesca, na persoa de María del Mar Saez Torres, e á Asociación Mulleres Pesca, coa súa presidenta Rita Míguez de la Iglesia.

A tenacidade das mulleres, que seguen a rachar barreiras, merecerá a homenaxe do sector. Este mesmo ano, Arantxa Toriza converteuse na primeira patroa nun pincheiro mariñao do Gran Sol, o Flecha.

Na xornada do sábado está prevista a presenza da secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz.

EN CIFRAS

Celeiro e Burela son dous dos tres portos máis importantes do Cantábrico, xunto ao de Pasaxes (Guipúscoa), por volume de descarga de peixe fresco.

Entre as lonxas galegas, Burela e Celeiro ocuparon os postos cuarto e quinto por volumen de vendas no 2017, segundo e quinto -respectivamente- no tocante ao valor da facturación.

o sector pesqueiro dá emprego a case 1.200 traballadores en celeiro

A flota pesqueira que ten como porto base Celeiro e a lonxa dan traballo a case 1.200 traballadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...