InicioEconomía"Seguiremos loitando polo futuro da Mariña", din os traballadores de Alcoa

“Seguiremos loitando polo futuro da Mariña”, din os traballadores de Alcoa

Realizarán unha nova manifestación este domingo ante a Subdelegación do Goberno en Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa advertiron de que seguirán loitando “polo futuro da Mariña” e “reclamando todos os dereitos”, para o que convocaron unha nova manifestación este domingo ante a Subdelegación do Goberno en Lugo.

Nun vídeo remitido aos medios de comunicación, insistiron en que “non van parar” ata poder explicar ante o Ministerio de Industria, “todo o que lle fixo Alcoa aos traballadores” e “todo o que se incumpriu por parte do Goberno”. “Iremos reclamar os nosos dereitos e a loitar polo futuro da Mariña, que necesita unha fábrica de aluminio primario; fundamental para a transición ecolóxica”; defenderon.

No vídeo agradeceron tamén o apoio do BNG e, en concreto, do deputado Néstor Rego. O nacionalista, pola súa banda, defendeu a loita dos traballadores por “salvagardar todos os postos de traballo e manter a actividade” e insistiu en que a solución “pasa pola intervención pública, aínda que sexa temporal”.

Non entendemos a actitude do Ministerio de rexeitar a posibilidade de que a planta fose adquirida pola SEPO para logo pasarlla a un operador industrial cun proxecto serio, solvente e de futuro”, sinalou Rego.

“Imos continuar traballando para que as Administracións públicas con competencias industriais, incluída a Xunta de Galicia, que non se pode pór de perfil ante este problema, actúen de maneira decidida”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Alfoz presenta a súa programación de Nadal

Alfoz presenta a súa programación para este mes de decembro e abre coa Programación...