InicioEconomía3.000 persoas piden en Lugo a intervención do Goberno central para solucionar...

3.000 persoas piden en Lugo a intervención do Goberno central para solucionar a situación de Alcoa

Lanzaron ovos e fariña contra a Subdelegación do Goberno. Piden á Xunta e á ministra de Industria que cumpran a súa palabra. Traballadores de Vestas estiveron na protesta.

Publicada o

- Advertisement -

Miles de persoas concentráronse este domingo fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo en apoio aos traballadores da fábrica de aluminio Alcoa. Á manifestación, convocada polo Comité de Empresa da fábrica, uníronse ademais, “como sinal de apoio”, traballadores Vestas, tal e como confirmou o presidente do Comité, José Antonio Zan, a Europa Press.

Segundo datos da propia xunta, 3.000 persoas reuníronse na “abarrotada” praza situada xusto enfronte da Subdelegación, á que lanzaron ovos e fariña en sinal de repulsa pola súa actuación no conflito. Tamén se queimou un retrato da ministra de Industria, Reyes Maroto, no que ademais podía lerse ‘Motos Maroto, este mes oferta de motos’.

“Continuamos reclamando que a Xunta, e concretamente o señor Feijóo, pida dunha vez, por escrito, a intervención do SEPI. E que a ministra de Industria se deixe de contos dunha vez“, aseverou Zan.

Na manifestación participaron tamén o Partido Popular, representado polos deputados provinciais Jesús Novo e Óscar Poy, que mostraron o seu apoio “nas súas reivindicacións aos traballadores de Alcoa e Vestas”. Nun comunicado, os populares lembraron que o Grupo Parlamentario do PP xa presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) para pedir que se garantan os centos de empregos de Vestas.

MANIFESTACIÓN O 17 DE OUTUBRO

Este sábado, os traballadores de Alcoa, nun vídeo remitido aos medios de comunicación, insistían en que “non van parar” ata poder explicar ante o Ministerio de Industria, “todo o que lle fixo Alcoa aos traballadores” e “todo o que se incumpriu por parte do Goberno”.

Iremos reclamar os nosos dereitos e a loitar polo futuro da Mariña, que necesita unha fábrica de aluminio primario; fundamental para a transición ecolóxica”; defendían. É por este motivo que, nunha nova concentración da man dos sindicatos, o próximo 17 de outubro en Viveiro volveranse a manifestar para “reclamar un Plan industrial para a comarca da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...