InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa non descartan manifestarse en Madrid

Os traballadores de Alcoa non descartan manifestarse en Madrid

"Para ir a Madrid hai que ter moita xente e que sexa un éxito", suliña o presidente do comité.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da factoría de Alcoa San Cibrao, en Cervo non descarta levar as súas protestas diante do Congreso dos Deputados, en Madrid, para urxir a intervención da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Pero o seguinte paso, tras a concentración do domingo ante a Subdelegación do Goberno en Lugo que reuniu a unhas 3.000 mil persoas –segundo cálculos dos traballadores–, é envorcarse na manifestación que xa está convocada para o domingo 17 en Viveiro.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, recoñeceu que están “moi satisfeitos” pola concorrencia á protesta deste domingo e animou aos veciños da comarca a que acudan, precisamente, á que está programada para o próximo.

É unha manifestación convocada polos sindicatos, polo que queremos convidar a toda A Mariña lucense a que veña a apoiarnos, porque necesitamos agora máis que nunca o apoio, porque se a SEPI entra nesa operación ao día seguinte poderiamos ter o comezo da venda”, explicou.

En canto a levar as protestas a Madrid, diante do Congreso, Zan puntualizou que se están “barallando varios temas”, polo que van “aos poucos”. “Para ir a Madrid hai que ter moita xente e que sexa un éxito, e iso non se fai dun día para outro”, subliñou.

En calquera caso, deixa aberta esa posibilidade: “A estas alturas non descartamos nada“. “Primeiro debemos ser comedidos e moi austeros en todo o que fagamos, porque tan importante é facer as cousas ben como non facer moito e que piquemos”, advirte.

Zan finalmente acredita que seguen “sen noticias do Goberno, nin de Alcoa, e coa necesidade dunha vez por todas de que dean ese paso de valentía de meter á SEPI na operación”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...