InicioEconomíaComezan as actividades do Obradoiro Terras do Ouro

Comezan as actividades do Obradoiro Terras do Ouro

Nesta actividade participan 20 alumnos que foron recibidos polos alcaldes de Alfoz, Foz e O Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

Os alcaldes de Alfoz, Valadouro e Foz deron a benvida ao alumnado da escola obradoiro Terras do Ouro, que comezou a súa andaina este luns co inicio das clases presenciais.

Nesta iniciativa participan 20 alumnos e alumnas, que recibirán formación teórica e práctica durante nove meses para converterse en profesionais do sector forestal.

Os rexedores municipais desexáronlles que teñan unha boa aprendizaxe e destacaron que “os traballos que van realizar durante o curso de plantación e xestión de montes, mellora e conservación de camiños forestais e outras actividades relacionadas coa xardinería van redundar nas veciñas e veciños dos tres concellos”.

Jorge Val, Edmundo Maseda e Fran Cajoto engadiron que “o obxectivo deste obradoiro é permitir que persoas en situación de desemprego teñan un perspectiva laboral de futuro nun sector que está en auxe na Mariña como é o forestal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...