O comité de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, convocou para este domingo 31 de outubro unha caravana ata Burela, baixo o lema ‘ Enerxía solución’.
A saída de vehículos propios está fixada para as 11,30 horas en Ribadeo na estación de autobuses e en Viveiro no aparcamento á beira da estación de autobuses. Os representantes dos traballadores continúan con consígnaa de que ‘A Mariña sálvase loitando’.
Esta mesma semana, o Tribunal Supremo ha confirmado a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o expediente de regulación de emprego (ERE) que Alcoa pretendía executar na planta de San Cibrao.