InicioEconomíaPetardos e unha barricada de penumáticos en chamas corta o acceso á...

Petardos e unha barricada de penumáticos en chamas corta o acceso á planta de Vestas en Chavín

"Vestas, traidora, A Mariña non perdoa"; "Se non nos separamos, o ERE tombámolo"; "A indemnización non é a solución" e "Feijóo, escoita, a Mariña está en loita", berran os traballadores.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Vestas volveron a cortar o acceso á planta de Chavín, no municipio de Viveiro, cunha barricada de pneumáticos en chamas.

Desde as 11,00 horas deste xoves, os traballadores concentráronse no exterior da fábrica, onde realizaron cánticos como: “Vestas, traidora, A Mariña non perdoa”; “Se non nos separamos, o ERE tombámolo”; “A indemnización non é a solución” e “Feijóo, escoita, a Mariña está en loita”.

A protesta realizouse cunha pancarta de ‘Vestas, solución’. Nunha dos enreixados exteriores tamén hai un cartel dos traballadores de Alcoa en apoio. Ademais, tiraron petardos e lanzado pintura contra a fachada dun edificio da factoría.

Todo iso despois de que o pasado luns a negociación do ERE, que afecta a 115 empregados, terminase sen acordo. A multinacional danesa informou de que continuará coa produción ata final de ano.

Así mesmo, os traballadores de Vestas manifestaranse este venres, 12 de novembro, en Foz. A mobilización sairá do porto ás 17,00 horas.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...