InicioEconomíaO presidente da Deputación de Lugo insiste en que o Goberno mantén...

O presidente da Deputación de Lugo insiste en que o Goberno mantén a posibilidade de intervir Alcoa

O presidente provincial esixiu á multinacional americana de Alcoa que "se deixe de marear a perdiz" e que "negocie en serio cos compradores, e vender"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, matizou unhas declaracións da ministra de Industria, Reyes Maroto, nas que descartaba –nunha entrevista na Cadena SER– unha intervención pública da factoría de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo.

“Ela (por Reyes Maroto) ao que se refería, polo menos polas noticias que eu teño, é á situación de agora mesmo e que hai neste momento, que non ía intervir. Iso non quere dicir que no futuro non o poida facer”, subliñou.

Antes de presentar o proxecto de orzamentos da Deputación lucense no pazo provincial de San Marcos, Tomé apresurouse en aclarar que el entende que “as declaracións da ministra refírense ao momento actual, non quere dicir que se iso avanza nalgunha das direccións para conseguir unha solución, o Misterio non vaia a actuar”.

En canto á planta da Mariña, o presidente provincial esixiu á multinacional americana de Alcoa que “se deixe de marear a perdiz” e que “negocie en serio cos compradores, e vender”. “Ou ben (Alcoa) segue ela co pr

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...