InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo inicia a campaña "Somos tradición, somos Nadal" para potenciar o...

ACISA Ribadeo inicia a campaña “Somos tradición, somos Nadal” para potenciar o comercio dos centros históricos

Jesús Pérez, xerente de Acisa, explica que “esta campaña conxunta das Zonas vellas, Históricos e Zonas Monumentais do noso país, é froito da colaboración entre a Confederación Española de Centros históricos ( COCAHI) e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España, á que Acisa Ribadeo se une”.

Publicada o

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima a todos os seus clientes de Ribadeo, das comarcas veciñas da Mariña e do Occidente asturiano, así como aos visitantes chegados de calquera punto de España a que fagan as compras destas festas no comercio local.
Acisa acaba de adherirse á Confederación Española de Centros históricos e como primeira iniciativa pon en marcha en Ribadeo a campaña Somos tradición, somos nadal, os comercios dos centros históricos de España somos o comercio que fai cidade. Jesús Pérez, xerente de Acisa, explica que “esta campaña conxunta das Zonas vellas, Históricos e Zonas Monumentais do noso país, é froito da colaboración entre a Confederación Española de Centros históricos ( COCAHI) e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España, á que Acisa Ribadeo se une”.
Pérez Prada engade que “é o terceiro ano que desde a COCAHI levan a cabo esta campaña que realizan conxuntamente todas as zonas vellas históricas de España asociados e que conta co apoio e a colaboración da Dirección Xeral de Política Comercial e Competitividade do Goberno de España, cuns resultados moi positivos”.
Para o xerente de Acisa “non podemos perder as nosas tradicións e deixarnos levar por modas que foron mal importadas doutros países, e que nada teñen que ver coa nosa forma de vivir”. Esta campaña ten por obxectivo concienciar á cidadanía de que comprar no comercio local tamén debe manterse como unha tradición.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indica que “ Pasadas estas festas, terá lugar en Ribadeo un acto institucional, onde contaremos con máis detalle, a importancia e relevancia desta adhesión non só para Acisa senón para Ribadeo no seu conxunto á COCAHI”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...