Este xoves celebrarase a primeira comisión tras o acordo entre Alcoa e comité de empresa

Deste xeito, ambas as partes escenificarán o pacto, mentres que os representantes públicos reivindicarán o seu compromiso polo mantemento do emprego e a actividade en San Cibrao.


O acordo entre Alcoa e o comité de empresa da fábrica de Cervo, segundo o cal a planta de aluminio deixará de producir durante dous anos e a multinacional comprométese a non acometer ningún despedimento colectivo, foi asinado este mércores.

Así as cousas, este xoves pola mañá celebrarase, coa participación da ministra de Industria, Reyes Maroto, a primeira reunión da comisión de seguimento.

Deste xeito, ambas as partes escenificarán o pacto, mentres que os representantes públicos reivindicarán o seu compromiso polo mantemento do emprego e a actividade en San Cibrao.

O persoal avalou a oferta proposta pola multinacional nun referendo celebrado durante toda a xornada do martes. Ese día, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, avisou de que o cesamento da produción pode supor “unha saída en falso” ao conflito.

Pola súa banda, o presidente do comité, José Antonio Zan, interpretou o resultado da votación dos traballadores como o triunfo da opción “menos mala”.

O Goberno central, a través do departamento de Maroto e tamén do delegado do Goberno, celebraron a noticia de face a conseguir a viabilidade da factoría.

1 COMMENT

  1. O Goberno Central logrou quitarse do medio o problema ata pasadas as eleccións de 2023 !
    A castaña vaille quedar ao Goberno da Xunta que coas eleccións en 2024 !
    O BNG vai comezar a preparar as pancartas !
    Moi triste ter que vivir nun mundo de trampulleiros !

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here