InicioOccidentalCervoOutro golpe de efecto de Alcoa; Capital Energy tamén subministrará enerxía renovable...

Outro golpe de efecto de Alcoa; Capital Energy tamén subministrará enerxía renovable a planta de Cervo

Será grazas á entrada en funcionamento dun total de 11 instalacións eólicas que está a desenvolver na actualidade en Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Capital Energy selou un preacordo con Alcoa para a subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA, polas súas siglas en inglés), a partir de 2024, á planta de aluminio que a siderúrxica ten no municipio lucense de San Cibrao, informou o grupo de renovables.

Segundo os termos do preacordo, a compañía enerxética comprometeríase con Alcoa á subministración anual, a unha tarifa estable previamente establecida e durante un período inicial de dez anos, de 876.000 megawatts hora (MWh) anuais, equivalentes a unha potencia en carga basee de 100 MW, a cuarta parte do consumo eléctrico asociado á produción de aluminio en San Cibrao.

En concreto, o grupo de renovables fundado por Jesús Martín Buezas asumiría este compromiso grazas á entrada en funcionamento dun total de 11 instalacións eólicas que está a desenvolver na actualidade en Galicia e que suman unha capacidade instalada de 573 MW.

Todos estes proxectos de Capital Energy, o gran vencedor nas dúas últimas poxas de renovables celebradas polo Goberno, que xa dispoñen do permiso de acceso á rede concedido, foron admitidos a trámite, e cinco deles, que supoñen máis da metade da devandita potencia (295 MW), xa saíron a información pública.

O conselleiro delegado de Capital Energy, Juan José Sánchez, destacou que, a través deste principio de acordo para a subministración de enerxía renovable a un cliente tan relevante para o tecido industrial galego como Alcoa, a súa empresa ratifica o seu compromiso non só coa transición enerxética senón tamén co benestar ambiental e socioeconómico de Galicia, “comunidade á que sentimos moi ligados e na que xa investimos, só nas actividades relacionadas coa tramitación dos nosos parques, 14,9 millóns de euros”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...