O comercio galego teme peches de negocios na comarca da Mariña que virían motivados polo apagamento das cubas e a paralización da produción, nos dous próximos anos, na factoría de Alcoa en San Cibrao. Así o presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, xa aventura “peches” pero xa non só no seu sector senón que o estende tamén “á hostalaría”.
Seijas non esconde a “gran preocupación” que se instalou no comercio. “Levamos varias crises acumuladas ás que se fixo fronte e agora sumamos esta nova crise na Mariña con Alcoa e co peche de Vestas”, sentenciou. Seijas confesou que reina a “angustia” ante “a incerteza que se nos aveciña”. “Imos estar afectados ante a falta de liquidez e de seguridade económica”, alertou.
O presidente da Federación Galega do Comercio puntualizou que isto afecta sobre todo as empresas auxiliares e contratistas quedependen directamente de Alcoa e isto vailles a representar un gran prexuicio”. “Este prexuízo vaise a traducir tamén nun gran prexuízo non só para A Mariña, senón para toda a provincia de Lugo. Vainos a repercutir a todos”, subliñou.
Finalmente volveu a incidir en que “non cabe dúbida que hai un gran número de familias que dependen de Alcoa e influirá no peche de comercios e tamén na hostalaría”.