InicioEconomíaO PP critica a decisión dos traballadores de parar as cubas de...

O PP critica a decisión dos traballadores de parar as cubas de Alcoa e o “triunfalismo” do Goberno

"A solución que se lle deu a Alcoa é a solución que ninguén quería en ningún momento, que era parar as cubas", apunta Jaime de Olano.

Publicada o

- Advertisement -

O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, lamentou este martes en Lugo o “triunfalismo” do Goberno central con respecto ao futuro da planta de Alcoa, en San Cibrao, Cervo.

De Olano advertiu que a “solución que se lle deu a Alcoa é a solución que ninguén quería en ningún momento, que era parar as cubas”.

“As cubas non van funcionar durante dous anos e España deixou de producir aluminio primario; por primeira vez en moitos anos, España non ten ningún punto para fabricar aluminio primario e isto é un fracaso da política industrial do Goberno derivada da nefasta política enerxética”, censurou.

“Se non somos capaces de abaratar o prezo da enerxía as cubas en Alcoa non se volverán a pór en funcionamento”, agregou, antes de aconsellar aos socialistas que “abandonen o triunfalismo porque ao final o que ocorreu é que a única fábrica de aluminio primario en España deixou de traballar e deixou de funcionar, polo menos por dous anos“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...