InicioEconomíaO PSdeG reclama a implicación dos grupos parlamentarios para a instalación da...

O PSdeG reclama a implicación dos grupos parlamentarios para a instalación da empresa Altri na Mariña

A deputada socialista, Patricia Otero, avanzou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica para conseguir que esta planta se instale na Comarca.

Publicada o

- Advertisement -

A deputada autonómica do PSdeG, Patricia Otero, avanzou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica “para demandar ao Goberno de Feijóo constituír unha mesa de traballo entre Xunta, a Mancomunidade de Municipios da Mariña e Altri de cara a traballar conxuntamente na posible implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional na Comarca da Mariña lucense”.

Otero tamén reclama á Xunta “que a través da súa representación na Sociedade Impulsa, propoña que se é viable, a fábrica de fibras téxtiles se emprace na comarca da Mariña de Lugo”.

Os socialistas lembran que a principios do mes de outubro do 2021 coñecemos que a industrial portuguesa Altri buscaba un emprazamento para unha nova planta de fibra téxtil a partir de celulosa que daría emprego directo a 2.000 persoas, e que baralla a Mariña lucense como primeira opción. A empresa non está soa na busca dese emprazamento para a súa nova planta, xa que a Xunta de Galicia lidera o Consorcio Impulsa Galicia, que conforma a propia Xunta de Galicia (40 %), Abanca (38 %), Reganosa (12 %) e Sogama (10 %) e no que Altri sería o socio industrial e a implantación levaríase a través dos fondos europeos Next Generation.

A Deputada Autonómica remarca que Alcaldes e Alcaldesas da comarca reclamarón dende un primeiro momento, que se traballe e se faga todo o esforzo para que Altri se instale na Mariña, “non só pola grave crise industrial que está a vivir esta comarca senón pola importancia que o sector forestal ten nela, na que o 69,72 % da súa superficie é masa forestal e no que se atopa a maior zona de produción de eucalipto”.

A MARIÑA PUNTEIRA NO SECTOR FORESTAL

Segundo o PSdeG a Mariña lucense conta coa materia prima pero non ten a industria que a complemente e lle dea valor engadido. Tampouco se pode obviar, din, que o 43 % das cortas de madeira en Galicia e o 25 % de toda España céntranse no norte: Mariña lucense, Ortegal e Mariñas coruñesas.

Patricia Otero salienta ademais o traballo realizado ata agora pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, que preside o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto na realización deste proxecto. “A mediados de novembro de 2021 o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña enviaba unha carta ao vicepresidente segundo da Xunta, na que lle solicitaba unha reunión para poder traballar conxuntamente na posibilidade da implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional lusa Altri na Mariña, e colaborar para superar calquera escollo administrativo que dificulte a súa implantación na Comarca. A día de hoxe esa carta non tivo resposta”, advirte.

PROPOSTA REXEITADA POLO PP

No Debate de política xeral de 2021 o presidente da Xunta anunciou que o Goberno galego, a través da súa representación na Sociedade Impulsa, proporá que a fábrica de fibras téxtiles se emprace na provincia de Lugo, pero evitando comprometer ese apoio para a comarca da Mariña. “De feito o grupo parlamentario socialista presentoulle ao PP unha proposta de transacción sobre a súa proposta de resolución nº 7 DEA, (baseada no anuncio feito polo presidente da Xunta), para que se estudiase a posibilidade de que a planta se instalará na Mariña lucense. Pero o Grupo Parlamentario do PP non a aceptou esta proposta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...