InicioEconomíaAutobuses Vivero-Otero S.L. comprada pola madrileña Sanjuán Abad

Autobuses Vivero-Otero S.L. comprada pola madrileña Sanjuán Abad

A empresa compradora ten capital galego.

Publicada o

- Advertisement -

A empresa madrileña Sanjuán Abad comprou Autobuses Viveiro-Otero S.L. A nova propiedade, con sede en Boadilla del Monte pero con capital galego, fíxose coa totalidade dos autobuses e as súas respectivas rutas.

O seu ata agora propietario, Domingo Otero, indicou que se trata dunha venda “normal”, pero evitou outros detalles. Ademais, confirmou que “todos os empregados que queiran, poderán seguir traballando na empresa” –preto de 30–, posto que se adquiriu a sociedade ao completo.

Os histórica Autobuses Viveiro-Otero S.L. iniciou a súa actividade en 1928 e agora realiza rutas regulares polos concellos de Viveiro, Xove, O Vicedo, Ourol e Mondoñedo.

Domingo Otero sinalou que prefire non detallar as razóns polas que cedeu na venda e mesmo se mostrou molesto polo “interese” xerado respecto  destas cuestións. A oferta expúxose en 2021.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...