InicioEconomíaFeijóo pide axuda ao Goberno para volver a activar as cubas de...

Feijóo pide axuda ao Goberno para volver a activar as cubas de Alcoa

A ministra Teresa Ribera lembrou que a "explicación formal" por parte da empresa para este apagado é "poder asegurar que conta cunha cobertura de enerxía a prezo razoable de orixe renovable"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves a colaboración do Goberno para activar as cubas de Alcoa. O Executivo central comprometeuse a vixiar para que estas se poidan pór en marcha “canto antes”.

Feijóo reuniuse na tarde deste xoves coa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, á que volveu trasladar a súa “preocupación” polo “impacto” que o prezo da enerxía ten nas industrias electrointensivas e hiperelectrointensivas galegas e advertiu que o “apagado das cubas” de Alcoa é unha decisión de “enorme risco” para España.

“Podémonos quedar sen industria do aluminio no noso país, e por suposto, sen unha da industria máis importantes que ten ou que tiña Galicia”, afirmou Feijóo, que reivindicou a necesidade de “activar esas cubas” sen “esperar ao ano 2024” e asegurou que “o Goberno autonómico ten toda a predisposición para a firma de PPA, prezos fixos da enerxía antes de 2024”.

Feijóo dixo que é necesario que o Goberno central, no marco das súas competencias no prezo da enerxía e da regulación eléctrica, “acompañe” á Xunta ante “unha situación como a que se está vivindo en Alcoa” e que é “límite” unha vez que “se van apagar as cubas”.

POSTURA DO GOBERNO

Preguntada respecto diso, a ministra Teresa Ribera lembrou que a “explicación formal” por parte da empresa para este apagado é “poder asegurar que conta cunha cobertura de enerxía a prezo razoable de orixe renovable”. Por tanto, considerou que “haberá que seguir de preto” como se activa o procedemento de autorización dos parques por parte das empresas coa que Alcoa “está a contactar”.

Ademais, “máis aló de que os parques nestes momentos estean na senda de tramitación”, a ministra sinalou que “nada lles impide” poder prover enerxía renovable “producida moi lonxe de Galicia” que asegure a súa “cobertura para planta” e “poder anticipar ese calendario”.

“Esta é unha hipótese na que hai que traballar. Como e cando se pecha ese acordo para provisionamiento de enerxía renovable a prezo estable“, sinalou.

Teresa Ribeira destacou que o Goberno está a activar os avais para que eses contratos bilaterais conten con “ningunha preocupación” por parte dos asinantes” e sinalou que mesmo “pode, a nivel europeo, haber institucións que poden dar cobertura a esa posibilidade”.

“Se o que di Alcoa é que necesita unha garantía de subministración eléctrica de orixe renovable, estable a prezo razoable. Hai que asegurarnos de que iso se produce para que poida reactivase a planta canto antes”, dixo a ministra, que incidiu en que “o aluminio é unha aposta fundamental para a industria do país”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...