InicioEconomíaOs pescadores alertan: máis de dous millóns en perdas no sector do...

Os pescadores alertan: máis de dous millóns en perdas no sector do palangre

O sector do palangre lamenta que as empresas armadoras sofren todos os prexuízos derivados dun "escenario que se repite desde 2020".

Publicada o

As catro organizacións de produtoras representativas do sector de palangre de superficie ( OP7 BURELA, OPROMAR, OPNAPA e ORPAGU) deron a coñecer a súa postura en canto que consideran “totalmente descoordinada e gravemente deficiente a xestión gobernamental española en relación ao marraxo desde 2020”.
As organizacións pesqueiras apuntan que no 2022os problemas administrativos “continúan coleando a día de hoxe”. Denuncian que a falta de decisións a nivel interministerial, “que xa supuxeron importantes prexuízos económicos para o sector, poderían supoñer perdas de máis de dous millóns de euros neste 2022″.
Os representantes do sector palangreiro en Galicia cualifican de descoordinada a actuación das administracións competentes desta área; Pesca, Comercio e Transición Ecolóxica. Sinalan que os diferentes departamentos só se limitan a culparse mutuamente da situación, algo que “podía ser comprensible o primeiro ano de aplicación dos certificados CITES (2020), pero o escenario volveu repetir en 2021 e a 2022 ameaza cun panorama aínda peor”.
Denuncian tamén que a falta de toma de “decisións que deberan estar vixentes o 1 de xaneiro, escurécese máis pola ausencia total de respostas ás insistentes consultas do sector respecto a a publicac ión das cotas CITES 2022”. Isto débese, segundo as organizacións pesqueiras do palangre, á ·”constatada descoordinación dos ministerios implicados na xestión do marraxo”.
Nese aspecto, sinalan que a única medida tomada até o momento foi a de prohibir reter a especie de forma global, “mentres outras frotas capturan esta mesma especie ante a impotencia dos armadores e organizacións que os representan, que ven sistematicamente desatendidas as súas peticións urxentes“.
Por último, o sector do palangre lamenta que as empresas armadoras sofren todos os prexuízos derivados deste “escenario que se repite desde 2020”.  Todas as organizacións representativas do palangre de “superficie de altura e gran altura español piden unha solución inmediata ao conflito que ameaza co peche de empresas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...