InicioEconomíaNovo impulso ao polígono de Ribadeo tras unha reunión do alcalde e...

Novo impulso ao polígono de Ribadeo tras unha reunión do alcalde e o concelleiro de Economía do director xeral do SEPES

Suárez Barcia subliñou que hai unha vontade firme de Sepes para facer unha revisión á baixa dos prezos dunha serie de parcelas co obxectivo de darlles saída, agora que a economía se empeza a mover.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, mantiveron esta mañá en Madrid unha xuntanza co director xeral de Sepes, para darlle un impulso ao polígono industrial ribadense. O rexedor cualificou o encontro de agradable, prometedor e ilusionante. E subliñou que hai unha vontade firme de Sepes para facer unha revisión á baixa dos prezos dunha serie de parcelas co obxectivo de darlles saída, agora que a economía se empeza a mover.

O alcalde dixo que “esta xuntanza que acabamos de ter foi moi agradable, moi prometedora e moi ilusionante. Tivemos un encontro co director xeral de SEPES e co seu equipo, entre os que estaban o director comercial e o director xurídico, para darlle un impulso pendente ao polígono industrial de Ribadeo, que é un parque empresarial moi ben situado, con todos os servizos e de primeira calidade, pero ten un eiva importante: uns prezos de mercado actuais que non son todo o atractivos que deberían”.

Suárez Barcia explicou que “plantexamos todo isto e desde logo vemos a vontade firme para darlle un cambio importante a curto prazo. De feito comprometéronse a facer unha revisión á baixa dos prezos dunha serie de parcelas para poder darlles saída, agora que precisamente a economía parece que se empeza a mover e hai unha serie de liñas de axuda importantes para que novas iniciativas económicas poidan crearse. E queremos que o parque empresarial de Ribadeo sexa un aliciente para que se monten novas iniciativas económicas”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “debemos agardar uns días a que no consello de administración de SEPES, que é a entidade pública propietaria do solo industrial, se aproben estes cambios. E oxalá que dentro de poucos días poidamos dicir que este foi un bo día para Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...