Manuel Fernández, novo director da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao

Segundo informa a compañía nun comunicado, Fernández "será responsable de impulsar a estratexia a medio e longo prazo da planta e dos seus resultados operativos, incluídas as áreas de EHS, recursos humanos e satisfacción do cliente en calidade e subministración".

27-01-2022 El ingeniero industrial Manuel Fernández, nuevo director de la planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao ESPAÑA EUROPA GALICIA ECONOMIA ALCOA

O enxeñeiro industrial Manuel Fernández será o novo director da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao a partir do 15 de febreiro.

Segundo informa a compañía nun comunicado, Fernández “será responsable de impulsar a estratexia a medio e longo prazo da planta e dos seus resultados operativos, incluídas as áreas de EHS, recursos humanos e satisfacción do cliente en calidade e subministración”, ademais de achegar “unha gran experiencia industrial”.

Este cambio prodúcese nun contexto de parada das cubas de electrolise da factoría da Mariña, que están previsto que se rearranquen a partir de 2024. Así, Alcoa agradece a Joaquín Fernández o seu servizo como xefe de Operacións interino nos últimos meses.

Nos últimos anos, o novo director de Operacións da planta exerceu como director de Cartepillar Service Center (para Cartepillar Energy Solutions).

Previamente, Manuel Fernández traballou durante varios anos como xefe de planta en Estrella Galicia. Con anterioridade, desempeñou diversos postos en Alcoa A Coruña, como xefe de planta da planta de Pasta e de Electrodos, xefe de ABS e Calidade e enxeñeiro de proceso.

Así mesmo, imparte clases de termodinámica e enxeñaría térmica como profesor asociado na Universidade de Vigo. Fernández é enxeñeiro industrial pola UVigo e MBA pola Escola de Negocios de Caixanova.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here