InicioEconomíaACISA Ribadeo pide explicacións a Viesgo e Begasa polo corte de luz...

ACISA Ribadeo pide explicacións a Viesgo e Begasa polo corte de luz da mañá deste xoves

Acisa enviou unha carta a Begasa e a Viesgo para facerlles chegar o malestar da asociación ribadense en particular, “algo que tamén nos transmiten os clientes dos negocios e os veciños e as veciñas de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa pide responsabilidades polo corte de luz que se produciu esta mediodía en Ribadeo. A patronal ribadense agarda que Viesgo e Begasa lles expliquen aos empresarios e á veciñanza que está a pasar co subministro eléctrico neste concello.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, subliñou que “este mediodía preto das dúas da tarde produciuse un corte no subministro eléctrico en Ribadeo duns cinco minutos de duración. Foi a unha hora punta para o sector hostaleiro, que estaba a servir as súas comidas, e tivo incidencias na xente que está a tele traballar nos seus domicilios por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, nas tendas que neses momentos están a piques de pechar, nos supermercados, nas farmacias… en todos os negocios que estaban abertos nese momento”.

O xerente, Jesús Pérez, sinalou que “non se pode permitir o que está a pasar en Ribadeo coa luz. De cando en vez temos que sufrir estas incidencias no subministro eléctrico, que ocasionan moitas veces danos importantes en cociñas, frigoríficos, ordenadores, rexistradoras, etc… hoxe non nos valen as disculpas de temporais, chuvias, tormentas, vento… porque disto hoxe nada de nada. E si teñen que facer revisións, traballos, etc, o menos que poden facer é avisar ao empresariado afectado e á veciñanza”.

Iriarte Quintana dixo que “a imaxe que damos de Ribadeo, con estes cortes de luz que non cesan, é bastante penosa”. E esixiu responsabilidades: “en nome de Acisa e dos máis de 160 negocios asociados esiximos a Viesgo e a Begasa unha explicación e que se fagan cargo dos danos causados con estes cortes de luz, que estamos a sufrir unha vez máis en Ribadeo. Canto máis se encarece o recibo, peor subministro temos. E iso non pode ser. E tamén lles pedimos ás administracións que velen porque o servizo que recibimos se preste coa debida calidade”.

Acisa enviou unha carta a Begasa e a Viesgo para facerlles chegar o malestar da asociación ribadense en particular, “algo que tamén nos transmiten os clientes dos negocios e os veciños e as veciñas de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...