InicioEconomíaO comité de Alcoa pide "celeridade" nos compromisos de investimento na planta...

O comité de Alcoa pide “celeridade” nos compromisos de investimento na planta de Cervo

"Agardemos que se cumpra ese acordo ao que se chegou", di José Antonio Zan.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao –Cervo reclamou á multinacional que “axilice” os investimentos comprometidos para a planta no acordo polo que se decidiu parar as 512 cubas da planta durante os próximos dous anos.

Este mércores, o presidente do comité, José Antonio Zan, constatou que a empresa “está a buscar enxeñeiros para algúns investimentos”, pero incidiu en que é preciso “que axilice moito máis eses investimentos”.

“Nestes momentos seguimos esperando acabar con eses procesos de enxeñaría para que os investimentos se empecen a ver. Seguimos, tamén, esperando por saber máis sobre o marco enerxético e esas posibles empresas que se sumarían a Greenalia na subministración de enerxía a longo prazo a partir de 2024″, sinalou.

Zan puntualizou que os traballos na planta “está moi avanzados” na eliminación de dentro das cubas de laalumina “para poder ter un arranque o máis factible posible”.

“Despois pasariamos á eliminación das costras, do baño que hai dentro das cubas e ese será o traballo físico máis duro que imos ter nestes dous anos”, sinalou. A continuación, Zan indicou que os traballadores estána a espera de que “se poña data” á comisión de seguimento dos acordos coa multinacional do aluminio.

Lembra que a anterior reunión foi o 21 de xaneiro e entende que se volverá a convocar sobre as mesmas datas do mes de febreiro. “Unha vez que teñamos a reunión ter coñecemento doutros temas que hai encima da mesa e agardemos que se cumpra ese acordo ao que se chegou e non temos ningunha dúbida que pasa polos investimentos, o marco enerxético e o cumprimento da parte laboral por Alcoa”, concluíu o presidente do comité de empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...