InicioEconomíaCurso gratuíto sobre certificado dixital na CEMIT de Ribadeo entre o 14...

Curso gratuíto sobre certificado dixital na CEMIT de Ribadeo entre o 14 e 18 de febreiro

A actividade explicará todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un curso gratuíto sobre o certificado dixital. A inscrición poderase facer, ao longo de toda a vindeira semana do 14 ao 18 de febreiro, nos teléfonos 982 120 732 e 982 129 889 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal.

O curso, totalmente práctico e dirixido a adultos, impartirase en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.

A actividade explicará todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs. Deste xeito cada usuario sairá do curso co seu certificado dixital obtido e sabendo como usalo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...