InicioEconomíaO BNG da Mariña leva ao Parlamento a problemática da comercialización do...

O BNG da Mariña leva ao Parlamento a problemática da comercialización do marraxo

Esta situación coa aplicación dos certificados CITES (Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres) afecta a capturas dos anos 2020, 2021 e 2022, capturas que quedan bloqueadas ao chegar a porto porque non se expiden os certificados CITES.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña sinala que por terceiro ano consecutivo “o Goberno español está a impedir a pesca e a comercialización do marraxo dientuso ao sector do palangre de superficie galego, único no Estado que dirixe a súa actividade a esa especie, entre outras”.

Segundo informa o Bloque, a decisión da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), tomada na súa reunión do pasado mes de novembro e en vigor dende xaneiro deste mesmo ano para as dúas vindeiras campañas, “vén de prohibir reter, transbordar e desembarcar, total ou parcialmente, marraxo dientuso do Atlántico Norte”.

A decisión do organismo internacional era esperada polo sector e “volve ser un golpe durísimo para unha frota que fixo enormes esforzos dirixidos á sustentabilidade dos recursos nos últimos anos”. Segundo a formación nacionalista, a frota vén reducindo as capturas case un 40% e dotándose voluntariamente de monitores electrónicos e “dun maior número que o requirido de observadores a bordo para aportar máis datos científicos”. Agora, mentres se inicia unha fase de recuperación da especie, deberán agardar a vindeira avaliación da ICCAT que estaba prevista para 2027 e que finalmente adiántase ao 2024.

BARCOS DA MARIÑA CON CAPTURAS BLOQUEADAS

Esta situación coa aplicación dos certificados CITES (Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres) afecta a capturas dos anos 2020, 2021 e 2022, capturas que quedan bloqueadas ao chegar a porto porque non se expiden os certificados CITES.

A deputada Rosana Pérez e o deputado Daniel Castro levan varias iniciativas, preguntas e proposicións non de lei ao respecto ao Parlamento. Solicitan á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a atopar solucións para a flota e instando ao o goberno da Xunta de Galiza a demandar do Estado español a:

1.- Comunicar de inmediato os cupos CITES para 2022 ao sector pesqueiro afectado.

2.- Confirmar por escrito ao sector que existe coordinación entre o Ministerio de Pesca e o de Transición Ecolóxica, que debe ser recoñecida expresamente por ambas as dúas partes, na xestión dos cupos e uso dos certificados.

3.- Despexar definitivamente se as cantidades de marraxo capturado legalmente no ano 2021 en proceso de estar en depósito aduaneiro, así como as que xa o están, e que continúan pendentes de certificación, poderán facelo con cargo aos cupos de 2022.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...