A campaña de captura da centola e o boi na Mariña Lucense abre este luns e prolongarase ata inicio da veda do 2019, que será fixada no plan de xestión.
Segundo a normativa establecida pola Consellería do Mar, as frotas con porto base desde a Estaca de Bares (A Coruña) ata o río Eo, poderán faenar desde as 00.00 horas.
A cota máxima de captura ao día por cada barco será de 35 quilos, aos que se engaden outros 35 diarios por tripulante.
Poderán participar na campaña todos os barcos de artes menores e con porto base en Galicia. Tamén aqueles que teñan permisos especiais para faenar na zona.
A CORUÑA E PONTEVEDRA
Como é habitual, na provincia da Coruña e Pontevedra, a extracción comezou o pasado 12 de novembro.