InicioEconomíaA campaña da centola e o boi abrirá este luns na Mariña...

A campaña da centola e o boi abrirá este luns na Mariña Lucense

Cada barco poderá capturar 35 quilos diarios, cun engadido doutros 35 por tripulante

Publicada o

- Advertisement -

A campaña de captura da centola e o boi na Mariña Lucense abre este luns e prolongarase ata inicio da veda do 2019, que será fixada no plan de xestión.

Segundo a normativa establecida pola Consellería do Mar, as frotas con porto base desde a Estaca de Bares (A Coruña) ata o río Eo, poderán faenar desde as 00.00 horas.

A cota máxima de captura ao día por cada barco será de 35 quilos, aos que se engaden outros 35 diarios por tripulante.

Poderán participar na campaña todos os barcos de artes menores e con porto base en Galicia. Tamén aqueles que teñan permisos especiais para faenar na zona.

A CORUÑA E PONTEVEDRA

Como é habitual, na provincia da Coruña e Pontevedra, a extracción comezou o pasado 12 de novembro.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...