InicioEconomíaAmarre parcial da frota de Celeiro ante a suba de prezos do...

Amarre parcial da frota de Celeiro ante a suba de prezos do combustible derivada da guerra en Ucraína

"A subida constante do prezo do combustible, especialmente nos últimos días, comeza a xerar consecuencias e importantes e problemas de viabilidade para o sector pesqueiro", segundo informa o grupo de empresas de armadores Porto de Celeiro.

Publicada o

- Advertisement -

A frota de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, iniciou un amarre parcial debido á subida do prezo do gasoil derivada da guerra de Ucraína.

“A subida constante do prezo do combustible, especialmente nos últimos días, comeza a xerar consecuencias e importantes e problemas de viabilidade para o sector pesqueiro”, segundo informa o grupo de empresas de armadores Porto de Celeiro.

Nun comunicado, explica que este amarre parcial da frota débese a que “o cru alcanzou un dos custos máis importantes da actividade pesqueira”.

Esta subida constante elevouse nos últimos días ata un 30% con incrementos diarios de entre un 5% e un 7%, “absolutamente inasumibles para o sector”, relata.

Ante esta situación, Porto de Celeiro sinala que “se estableceron canles que permitan reconducir esta situación”, a través da interlocución co Goberno mediante a Confederación Española de Pesca (CEPESCA) e a Federación Nacional de Confrarías.

Mediante estas entidades, “preténdense abrir vías de comunicación para resolver un problema que afecta de maneira crítica a un sector que forma parte moi importante do PIB galego e que xera emprego e riqueza” na comunidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...