InicioCentralFozMancomunidade da Mariña pide unha reunión a Consorcio Impulsa Galicia para traer...

Mancomunidade da Mariña pide unha reunión a Consorcio Impulsa Galicia para traer Altri á comarca

O presidente da Mancomunidade da Mariña sinalou que “está subindo o prezo do gasóleo a uns niveis nunca vistos. A economía afogada, o transporte imposible. E neste contexto a Xunta pretende alonxar unha factoría da materia prima, do eucalipto, que está aquí".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Mancomunidade da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, ven de solicitar unha reunión coa directora xeral do Consorcio Impulsa Galicia, Enyd López Fernández, para que a planta de fibras téxtiles de Altri veña para a Mariña.

“O gabinete do conselleiro Conde, despois de dúas solicitudes de reunión por escrito o 18 de novembro de 2021 e o 27 de xaneiro deste ano, derivounos a que fagamos unha nova petición de reunión, desta volta á Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia SL (Consorcio Impulsa Galicia), que controla a Xunta e que ten a sede nas oficinas do IGAPE. Fixemos a petición este venres, 11 de marzo, coa mellor das actitudes, co único obxectivo de que Altri veña para a Mariña, sexa cal sexa o concello. Esperamos que a reunión se faga á maior brevidade e que sexa de proveito. Están pasando os meses e parece que se lle están dando de novo as costas a toda unha comarca”, indicou Fran Cajoto.

O presidente da Mancomunidade da Mariña sinalou que “está subindo o prezo do gasóleo a uns niveis nunca vistos. A economía afogada, o transporte imposible. E neste contexto a Xunta pretende alonxar unha factoría da materia prima, do eucalipto, que está aquí. ¿Isto é razoable? A lóxica debe estar por encima dos intereses. Estamos a sufrir unha grave crise industrial, con poucas certezas e con peches ao longo destes anos: Ecar, Mobles Hermida, Vestas Viveiro,… Queremos poñer todo da nosa parte, alcaldesas e alcaldes de todas as cores e resolver os problemas que van xurdir, para implantar unha fábrica destas características”. E engadiu que “necesitamos unha resposta, necesitamos que a Xunta nos dea unha resposta clara e nítida. A resposta lóxica, a única que cabe, e que traballemos todos xuntos: Altri para a Mariña SI”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...