Xa se coñecen os nomes dos gañadores da campaña do día do pai, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense. Tras concluír o prazo para reclamar os premios do día do pai sorteados por Acisa Ribadeo, dous xa foron entregados.
Eliseo Álvarez Rolle, de Ribadeo, e Juan Carlos Oroza Menéndez, de Serantes, coas rifas 3178 e 3465, entregadas en farmacia Mª Eugenia e en Fauna, foron os gañadores das dúas experiencias sorteadas na campaña do día do pai, que gozarán dunha experiencia de pura aventura a escoller entre máis de 5.500 actividades e de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.
A outra papeleta (rifa 290, entregada en Saia) tras non reclamarse o premio quedou anulada e procedeuse a realizar de novo o sorteo, tal e como contemplaban as bases da campaña. Desde Acisa subliñan que “os premios poden reclamarse ata o vindeiro luns, 4 de abril, nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo. E aínda que estea pechado o noso local, poden chamar ao 672 24 82 26. De non aparecer gañadores para este premio de 100 euros en vales de compra darase definitivamente por deserto”.
O número premiado no novo sorteo foi o 2277, que foi entregado en Centro de Lecer Con Sentidiño. Desde Acisa confían en poder entregar este premio. E lembran que o sorteo pode verse no Facebook @acisaribadeo.