Éxito de participación no curso sobre hidráulica, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, e que se impartiu o pasado sábado en Barreiros na empresa Mamut Technology. Na cita abordáronse cuestións como conceptos básicos sobre hidráulica, elementos do circuíto, simboloxía ou montaxe en taller.
Álvaro Doural, presidente de Apaga, sinalou: “estamos moi contentos coa acollida que tivo este curso impartido nesta empresa barreirense. O noso programa de formación, deseñado para este 2022, seguirá nas próximas semanas”