A Deputación de Lugo colabora co Concello do Valadouro na adquisición de inmobles. En concreto, cunha achega de 65.000 euros para a compra de tres bens inmobles no centro de Ferreira.
A entidad local comprou o antigo cinema, unha parcela anexa a el e unha vivenda en ruínas con leira mediante un convenio asinado polo presidente provincial, José Tomé, e o alcalde, Edmundo Maseda. O concello, que achegou 10.020 euros, xa adquiriu e ten escriturados estes inmobles “co obxectivo de mellorar os servizos públicos que ofrece á veciñanza”.
A Deputación Provincial asegura que estes proxectos serven para que desde o concello “se atendan as necesidades sociais con novas dotacións públicas, á vez que se lles dá unha nova vida a infraestruturas que se atopan en desuso”. O presidente provincial subliñou tamén o compromiso de colaboración co consistorio.