InicioCentralBurelaConclusións Encontro Expomar: "Non só somos sector primario, somos o primeiro sector”

Conclusións Encontro Expomar: “Non só somos sector primario, somos o primeiro sector”

Considérase moi urxente a implementación das axudas ao incremento de custos de funcionamento, pendentes actualmente do seu desenvolvemento.

Publicada o

Dezaoito organizacións pesqueiras de ámbito galego, nacional e europeo, reunidas no XXIII Encontro Empresarial da Fundación Expomar analizan a situación actual do sector e acordan:
1º) Impacto da Guerra de Ucraína. A invasión de Ucraína xerou un gran impacto no funcionamento dos mercados globais e europeos, ademais dun encarecemento xeral dos combustibles, materias primas e custos de loxística internacional.
-Necesítase ampliar as axudas do Estado do RD 6/2022 ata final de ano, segundo o previsto no Regulamento Europeo.
-Considérase moi urxente a implementación das axudas ao incremento de custos de funcionamento, pendentes actualmente do seu desenvolvemento.
-Considérase inxusto que os buques de bandeira estranxeira póidanse beneficiar das axudas ao combustible nos nosos portos, mentres os buques españois con subministración a través de empresas españolas en 3º países non poidan beneficiarse.
-Os custos actuais e a previsible evolución do prezo do combustible á alza fan inviable a actividade pesqueira.
2º Temas normativos e relación sector-administración. Debemos visualizar e lembrar a situación na pandemia: “a pesca é un sector estratéxico e necesario”
-Débese apoiar e potenciar ao sector primario, pola súa importancia na seguridade e soberanía alimentaria, así como o seu papel na nutrición e saúde.
-Sufrimos a excesiva esixencia de cumprimentos normativos só para as frotas da UE, xerándonos unha clara competencia desleal por frotas externas que si venden no mercado europeo.
-Somos un sector con excesiva normativa e regulación, necesitamos unha clara simplificación e normas acordes coa realidade do sector. Tómanse decisións políticas e normativas sen consultar nin acordar previamente ao sector. A aprobación esta semana do proxecto de Lei de Pesca sostible é un bo exemplo diso.
-Propoñemos unha revisión cirúrxica da PPC, xa que os 2 grandes obxectivos do 2013 foron irracionais e imposibles de cumprir na práctica (OD e RMS).
-Denunciamos unha supremacía clara das políticas ambientais sobre a pesca, a UE está a lexislar desde o “ green- washing” (ou políticas de escaparate) sen análises científicas nin valorar completamente o que fai e representa o sector. Utilízase á pesca como moeda de cambio, responsabilizándoa dos problemas ambientais que non derivan do sector pesqueiro. Instamos á UE a non sucumbir á presión externa e defender os sistemas de desgravación fiscal sobre os combustibles porque “o contrario arruinará á frota”.
3º Necesidades de melloras en comunicación. Somos conscientes do gran déficit nas nosas estratexias e políticas de comunicación. Vemos que en todo o importante, a mensaxe ambiental está por encima da evidencia científica.
-Necesítase unha estratexia “de país” en comunicación e promoción da pesca en positivo. Falta coñecemento e sensibilidade cara ao noso sector.
-Denunciamos campañas de “desinformación” e “manipulación” sen contrastar coas boas prácticas do sector e os seus esforzos.
-Destacamos a importancia da pesca como dinamizador “ecosocial”, sobre todo nas comunidades costeiras e en zonas afastadas dos centros industriais.
4º Ámbito socio-laboral o aspecto social da pesca segue sendo unha das principais debilidades internas: falta de tripulantes, titulados e substitución xeracional, son un lastre para o noso futuro.
-É urxente facilitar o enrole de persoal estranxeiro en frotas de litoral e de gran altura.
5º Temas sectoriais –Eólica Mariña
-O sector non se opón ás enerxías renovables, pero esixe que a planificación dos espazos mariños teña en conta, tanto a importancia socioeconómica do sector como a necesidade da protección dos nosos ecosistemas mariños.
-Por iso, esiximos que se paralice calquera decisión sobre a implantación da eólica mariña ata que se conte cunha cartografía dos stocks pesqueiros que nos de a mellor información sobre o posible impacto ambiental.
-A pesca e os ecosistemas non poden ser sacrificados.
–Outros: arrastre, quenllas, zonas mariñas protexidas
-Manifestamos a nosa preocupación polo aumento da superficie de áreas mariñas protexidas con propostas de peche arbitrarios para a pesca sen os imprescindibles estudos de impacto socioeconómicos e poñendo en perigo a subministración de alimento á poboación.
-Estamos en contra da “Demonización” das artes de pesca por definición. Non hai artes boas nin malas, senón artes ben ou mal utilizadas. Todas son #sostible se cumpren coa súa regulación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...