A empresa Pescados Rubén, ubicada en Nois, no municipio de Foz, realizou unha modernización das súas instalacións cunha inxección económica da Consellería de Mar de case 554.000 euros.
O proxecto presentado a concurso pola empresa lucense foi un dos seleccionados para acceder á liña de axudas convocada pola Xunta de Galicia.
A máis recente actuación supuxo a renovación de instalacións frigoríficas, co que a firma mellora o proceso de transformación e consigue un aforro enerxético, dado que reduce case á metade o tempo necesario para acadar a temperatura óptima do peixe.
Neste senso, Pescados Rubén dispón tres liñas de de secado e arrefriado de peixe.
O Goberno galego achegou 461.000 euros para este proxecto a través das axudas orientadas ao desenvolvemento das pemes do sector transformador dos produtos da pesca e a acuicultura, que contribúan a fomentar unha actividade sustentable e socialmente responsable.
A Consellería do Mar tamén achegou 92.500 euros a Pescados Rubén para a innovación do sistema de trazabilidade e o desenvolvemento dunha nova liña de produción, neste caso a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.
“IMPLICACIÓN NO TECIDO SOCIAL”
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou nunha visita á planta “a implicación da empresa no tecido social da Mariña, especialmente no plano deportivo”, co seu patrocinio do CD Burela FS.