Pescados Rubén moderniza a súa produción coa achega da Xunta

Cunha axuda do Goberno galego de 554.000 euros, a empresa ubicada en Nois renovou o as súas instalacións frigoríficas e mellorou o sistema de trazabilidade

Visita de Balseiro á planta. AXM

A empresa Pescados Rubén, ubicada en Nois, no municipio de Foz, realizou unha modernización das súas instalacións cunha inxección económica da Consellería de Mar de case 554.000 euros

O proxecto presentado a concurso pola empresa lucense foi un dos seleccionados para acceder á liña de axudas convocada pola Xunta de Galicia

A máis recente actuación supuxo a renovación de instalacións frigoríficas, co que a firma mellora o proceso de transformación e consigue un aforro enerxético, dado que reduce case á metade o tempo necesario para acadar a temperatura óptima do peixe.

Neste senso, Pescados Rubén dispón tres liñas de de secado e arrefriado de peixe.

O Goberno galego achegou 461.000 euros para este proxecto a través das axudas orientadas ao desenvolvemento das pemes do sector transformador dos produtos da pesca e a acuicultura, que contribúan a fomentar unha actividade sustentable e socialmente responsable.

A Consellería do Mar tamén achegou 92.500 euros a Pescados Rubén para a innovación do sistema de trazabilidade e o desenvolvemento dunha nova liña de produción, neste caso a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.

“IMPLICACIÓN NO TECIDO SOCIAL”

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou nunha visita á planta “a implicación da empresa no tecido social da Mariña, especialmente no plano deportivo”, co seu patrocinio do CD Burela FS.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here