InicioCentralBurelaPromoción da pescada do pincho no Salón de Alimentación do Atlántico

Promoción da pescada do pincho no Salón de Alimentación do Atlántico

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e Armadores de Burela promocionan os seus produtos pesqueiros máis representativos no Salón de Alimentación do Atlántico ” Salimat Abanca”, que se está celebrando na Feira Internacional de Galicia, en Silleda.

Dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar “GALICIA SABE A-MAR” da Consellería do Mar da Xunta de Galicia destacan un ano máis a Merluza do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.

Na tarde do xoves celebrouse a degustación gastronómica “GALICIA SABE A-MAR: MERLUZA DEL PINCHO DE BURELA” a cargo da chef Criselda Iglesias, de Tapería Lecer de Cangas do Morrazo. A pescada do petisco cociñouse en dúas receitas: “Ensalada rusa de Merluza D& Burela” e “Merluza D& Burela con escuma de pataca de Galicia e aderezo de froitos secos”. Na cata estas receitas estaban acompañadas de viños da D.O. Ribeiro.

Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e por iso Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.

Como xa é tradición, a promoción do “peixe de Burela” continuará este domingo ás 12:00h, coa degustación “GALICIA SABE A-MAR: BONITO DO NORTE”, a cargo do chef José Manuel Mallón de Espazo Gastronómico Remollo de Ames, acompañada de viños da D.O. Ribeira Sacra.

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...