InicioEconomíaO comité de Alcoa pide a Goberno e Xunta acelerar a tramitación...

O comité de Alcoa pide a Goberno e Xunta acelerar a tramitación de parques eólicos na Mariña

Di que é un xeito para alixeir a factura da enerxía que "afoga a esta empresa electrointensiva".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo, José Antonio Zan, pediu á Xunta e ao Goberno central que traballen “en conxunto” pola tramitación de parques eólicos que suporán dar enerxía á planta nos próximos anos.

Na mesma liña pide a ambos os gobernos que non se entreteñan en “dividir”, posto que: “Necesitamos das dúas administracións e precisamos que as dúas remen xuntas e non estean sentadas por estar”. Ese traballo conxunto ha de albiscarse na aprobación e construción de parques eólicos ou de renovables que alixeire a factura da enerxía que afoga a esta empresa electrointensiva. “Esperamos que se avancen en todos os procesos abertos (de renovables) e para iso parécenos moi importante que haxa acordo entre os dous gobernos”, sinalou.

Zan avanzou, precisamente, que “nun curto prazo de tempo” reuniranse tanto o Goberno central como a Xunta e advertiu que “o fundamental da reunión non é que se faga esa reunión, senón o motivo para facela, é dicir, que senten para avanzar nos parques renovables“.

Así, apremou a que “o PP e o PSOE se poñan de acordo en que hai que acelerar esa tramitación de parques, que non é nada raro porque estes acordos no norte de Europa, como Noruega ou Alemaña, son moi habituais e conseguen baixar o prezo da luz”. Tanto é así que estimou que “un parque eólico produce un megawatt a un prezo de 18 euros, o que significa unha diferenza abismal co que custa producir con gas”.

Así, destacou que o que perseguen os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao é que se aceleren os trámites administrativos para a construción dos devanditos parques de enerxías renovables na Mariña.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...