InicioEconomíaArrinca a costeira do bonito con ata quince euros por quilo en...

Arrinca a costeira do bonito con ata quince euros por quilo en lonxa

O xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira, di que os prezos irán acomodandose pero que tamén hai que contar o alto prezo dos combustibles.

Publicada o

- Advertisement -

A costeira do bonito arrincou coas primeiras descargas no Porto de Burela, cuns 24.000 quilos de capturas, no marco dunha campaña condicionada polos altos prezos do combustible que está “ao dobre do ano pasado e ao triplo do 2020”.

Así o destacou o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira, que concretou que “a semana pasada fixéronse as primeira poxas na lonxa de Burela, houbo vendas durante tres días, con tres barcos e 24.000 quilos descargados“.

O xerente de ABSA destacou que este ano observan “un pequeno atraso no arranque, o ano pasado a primeira poxa foi o 3 de xuño e este ano o 13″. “O que vemos é que a frota está metida practicamente no Cantábrico e isto vai provocar un incremento de capturas bastante importante”, sinalou.

Miguel Neira avanzou que este ano se ten “un nivel de arranque de cota moi parecida ao do ano 2021, pero a estas alturas co bonito xa metido en augas próximas ao Cantábrico as expectativas son que a costeira se poida acurtar”. As cantidades que se abonaron por quilo “estiveron próximas aos oito euros, con máximos ao redor dos 15 euros, que son prezos de inicio de campaña”. “A medida que vaia avanzando e a oferta increméntese, os prezos iranse acomodando”, dixo.

Neira lembrou que o prezo medio no ano 20 e no 21, da costeira, estivo “ao redor dos catro euros”, e apuntou que para esta campaña queren “que o prezo se incremente, un incremento considerable para tentar facer fronte ao aumento brutal que sofre a frota polos elevados prezos do combustible”.

PRETO DA COSTA

“Uns prezos, os do gasoil, que están a máis do dobre do que era o gasoil en 2021 e o triplo de 2020. É imprescindible que haxa un incremento dos prezos para tentar facer fronte ao prezo do combustible”, desexou.

En canto ao número de barcos, Neira non puido dar unha cifra, aínda que si que sinalou que teñen “o bonito tan preto da costa, aquí metido en augas do Cantábrico, si que se van a incrementar o número de embarcacións, as de maior tamaño e tamén as máis pequenas de artes menores que ao ter o bonito tan preto da costa ao final deciden ir á costeira”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...