InicioEconomíaDenuncian ante Inspección de Traballo as condicións laborais abusivas dun grupo hostaleiro...

Denuncian ante Inspección de Traballo as condicións laborais abusivas dun grupo hostaleiro da Mariña

A Federación de Servizos de CCOO, sinala que este caso pon de manifesto que non hai un problema de falta de man de obra na hostalaría, senón un problema de incumprimento do convenio.

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Servizos de CCOO denunciou perante a Inspección de Traballo as posibles irregularidades laborais no grupo hostaleiro Llanoponte, con establecementos en Viveiro, Foz e Ribadeo. Esta entidade fixo ofertas de emprego antes do verán para o reforzamento do cadro de persoal que incluían un salario mínimo neto de 1400 euros —ata un máximo de 2000—, aloxamento e manutención. Porén, o que non se contaba na dita oferta eran as condicións abusivas no referente á xornada laboral e os descansos.

CCOO presentou a denuncia na Inspección tras acudir unha traballadora á sede do sindicato para denunciar a «cara oculta» da dita oferta, «encarnación do que sempre denunciamos como unha realidade inasumible par o persoal do sector», sinala Héctor Ortega, responsable provincial da Federación de Servizos. En concreto, xornadas de doce horas ou máis con contratos a tempo parcial, rexistros de traballo falseados ou menos días de descanso dos que indica o convenio.

Ortega sinala que «é pouco habitual» atopar traballadores e traballadoras que se atrevan a denunciar as condicións abusivas con que se atopan na provincia, xa que «temen represalias» por parte das empresas do sector. Isto demostra que, como dixo CCOO en diversas ocasións, «non hai un problema de falta de man de obra na hostalaría, senón de incumprimento do convenio colectivo». Así mesmo, o sindicalista lamenta que as empresas «nunca pensen en reestruturar a organización produtiva e reinvestir parte dos seus beneficios en valorar a experiencia e a profesionalidade».

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...