Ribadeo goza dunha nova edición do Mercado de Rúa, que organizou Acisa e que estará aberta ata este domingo. Un total de 15 establecementos ofrecen promocións e descontos especiais sacando os seus produtos á rúa: roupa, calzado, complementos, xoias, saúde bucodental…
“Estamos na última fin de semana de agosto, bo momento para facerse con artigos de tempada a prezos super interesantes”, apunta Acisa nun comunicado.