O comité de Alcoa mostra a súa preocupación pola escalada do prezo do gas

Lamenta que a produción se vaia ver "cada vez máis limitada".

Zan, co documento de impugnación do ERE. EFE/EMILIO PÉREZ VÁZQUEZ

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, mostra a súa preocupación pola escalada do prezo do gas, dada “a dependencia que ten a planta, que, de feito, é a maior consumidora de gas de todo o país”.

Desde o pasado mes de agosto a refinaría de alúmina de Alcoa viuse obrigada a reducir a súa produción para así “tentar minorar parte das perdas provocadas polos altos prezos do gas natural”.

A dúbida de Zan non é saber cando acabará esta subida porque “se fose un mes ou dous, pois ben, pero o problema é que non se ve ata onde se vai poder chegar“. Lamenta que a produción se vaia ver “cada vez máis limitada” ao depender directamente dos prezos do gas natural.

Coas cifras na man, José Antonio Zan asegura que “a refinaría irá reducindo durante os próximos dous meses a súa produción ata chegar a entre un 50 e 60 por cento dos 1,6 millóns de toneladas da súa capacidade anual”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here