InicioEconomíaAPAGA creará unha rede europea de formación para aprendices no sector da...

APAGA creará unha rede europea de formación para aprendices no sector da automoción

O presidente do colectivo, Álvaro Doural, explica que “ten activos tres proxectos de mobilidade para alumnos de grao medio e FP Básica, formadores e técnicos de empresas”.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores Técnicos e de Ensino Secundario de Automoción de Galicia (APAGA) anunciou a chegada de dous profesores de Turquía visitarán A Mariña durante dez días no próximo mes de outubro. Ademais APAGA busca crear unha rede europea de formación de aprendices e poñerá en marcha acciones en países de África, América Latina e Asia.

O presidente do colectivo, Álvaro Doural, explica que “ten activos tres proxectos de mobilidade para alumnos de grao medio e FP Básica, formadores e técnicos de empresas”.

Álvaro Doural destaca que “outro labor que está a realizar a asociación é dar a coñecer a nosa comarca e en outubro dous profesores de Turquía estarán connosco dez días visitando empresas, institucións educativas e zonas de interese cultural”.

O presidente de APAGA tamén anuncia que “a finais de outubro a asociación contará cunha rede europea sobre formación de aprendices, composta por empresas e entidades educativas e creada mediante o proxecto de boas prácticas sobre a formación de aprendices” . APAGA poñerá en marcha acciones noutros continentes, como África, América latina e Asia mediante o seu programa de mobilidade.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...