InicioEconomíaAlcoa afronta "problemas bastante graves" na alúmina en San Cibrao e o...

Alcoa afronta “problemas bastante graves” na alúmina en San Cibrao e o comité apunta a axudas da UE

Esta foi, entre outras, unha das cuestións que abordou a comisión de seguimento da situación da factoría da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, en Cervo (Lugo), José Antonio Zan, apuntou aos “problemas bastante graves” que afronta a planta de alúmina polo actual custo do gas.

Esta foi, entre outras, unha das cuestións que abordou a comisión de seguimento da situación da factoría da Mariña. “Comunicaron problemas bastante graves e polos cálculos económicos e o custo do gas actual xa sabemos todos como estariamos en 2023”, sinalou Zan. Por iso, o comité pediu unha reunión co Goberno central para que este traslade “que apoios para evitar perdas e salvar esta situación moi preocupante” existirán.

A próxima reunión da comisión de seguimento foi convocada para o 19 de outubro, tamén ás 12,00 horas, e os representantes dos traballadores esperan que Xunta e Goberno “falen destas próximas axudas da UE”.

OBRAS E PPA

En canto aos investimentos, Zan valora que “comunicaron que están moi próximas a chegar á execución”, todas “salvo a do forno, que empezará en xaneiro”. Pola súa banda, o refractario “xa empeza hoxe a tirarse” e “vai durar catro meses” que ocuparán a “o tres quendas da empresa que normalmente facía” estes labores, “co cal cando se empezo en xaneiro xa estará moi avanzado a derriba”.

Mentres, o DBR “segue pendente da aprobación da Xunta” e as PPA (acordo de enerxía renovable) están “totalmente en mans das administracións”. A de Greenalia, segundo Zan, ten visos de ser aprobada na súa “gran maioría” e está en tramitación administrativa. “Se aproba a Xunta (…) xa pasariamos a ter esa PPA e empezaríanse a fabricar os parques eólicos”, dixo.

A outra, “que estaba próxima, por temas de confidencialidade non poden dicir en que momento e condicións están”, nin sequera se é a de Endesa ou a de Capital Energy. “Teremos que esperar”, resolveu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...