InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle entre o 23 e 24 de setembro o FestivalEo de...

Ribadeo acolle entre o 23 e 24 de setembro o FestivalEo de Alimentación Sustentable

O evento reunirá unha vintena de producións agrarias e artesáns da Mariña e do Occidente asturiano, así como proxectos asociativos que traballan no ámbito do consumo e da sensibilización ambiental. 

Publicada o

- Advertisement -

Medio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.

A deputada Mónica Freire explicou que “procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”. “Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria” explicou a deputada.

PRODUCIÓN DA MARIÑA E OCCIDENTE DE ASTURIAS

O FestivalEo conxuga a actividade comercial con propostas formativas e lúdicas, coas que se busca sensibilizar sobre a necesidade de consumir alimentos de proximidade que ofrecen calidade e que teñen detrás a pequenos produtores e produtoras, vinculados ao territorio e comprometidos coa conservación do medio natural.

O evento reunirá unha vintena de producións agrarias e artesáns da Mariña e do Occidente asturiano, así como proxectos asociativos que traballan no ámbito do consumo e da sensibilización ambiental.

PROGRAMA

A programación iniciarase o venres 23 cunha axenda de actividades que inclúe xogos tradicionais, un obradoiro de “smoothies” e unha palestra sobre actualidade vinculada á alimentación, a partir das 17.30 h. no Parque de San Francisco. A xornada continuará cunha ruta de tapas elaboradas con produtos agroecolóxicos e de proximidade na que participarán os establecementos Kalpa Amodiño, Cafetería Breoghan, A Tapería, Cafetería La Lira, Restaurante El Oviedo, Restaurante Costa Verde, Mesón O Alén, e que contará coa ambientación musical na rúa coa Charanga A Choca.

A segunda xornada, o sábado 24, comezará ás 11.00 h. no Parque de San Francisco cunha feira de alimentación e artesanía de proximidade que se poderá visitar durante todo o día. Na mañá do sábado poderase tamén participar en dous obradoiros (de cociña e de agroecoloxía) tras os que terá lugar a sesión vermú, amenizada pola Agrupación Amigos da Gaita de Ribadeo.

Entre as 14.00 e as 17.00 h. celebrarase un xantar popular e pola tarde volta a programación coa performance “1 faba 1 vida”, de Ugia Pedreira e Marina Oural, así como cun espectáculo de circo infantil e unha palestra na que se poderán coñecer proxectos similares a Eo Alimenta que teñen lugar noutros territorios. O festival rematará co concerto do grupo local Piratas Sónicos.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...