InicioEconomíaO BNG da Mariña reclama accións contra a decisión da UE de...

O BNG da Mariña reclama accións contra a decisión da UE de pechar caladoiros á pesca de fondo

Non entenden este peche cando a situación dos caladoiros onde operaban os barcos galegos até o momento “estea en rendemento máximo sostible”

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña reclama nun comunicado que os gobernos central e autonómico exerzan accións contra o peche de 87 caladoiros da UE para a pesca de fondo. Sinalan que “a frota galega representa a metade da frota española” ademais de “ser exemplo de respecto aos convenios e normativas” do sector e da Política Pesqueira Común (PPC). Por iso non entenden este peche cando a situación dos caladoiros onde operaban os barcos galegos até o momento “estea en rendemento máximo sostible”

“A nosa frota é un exemplo de boas prácticas” sinala o responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga. Pola súa parte, o deputado no Parlamento Daniel Castro sinalou que esta acción afectará a máis de 200 buques galegos, incluídos moitos de Burela e Celeiro. Por este motivo, os nacionalistas anunciaron a presentación de iniciativas ao respecto en todas as institucións, Congreso, Parlamento Europeo, Parlamento de Galicia, Deputación e concellos.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...