InicioEconomíaEndesa subministraralle enerxía a Alcoa a un prezo "estable" a partir do...

Endesa subministraralle enerxía a Alcoa a un prezo “estable” a partir do 2024

Proverá anualmente a San Cibrao de 1.151 GWh que procederán, de parte da produción dos parques eólicos proxectados por Enel en Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Endesa e Alcoa subscribiron un acordo de subministración de enerxía a prezo “estable” para a planta de San Cibrao –Cervo– que será efectivo por un período dunha década desde 2024, ano no que a multinacional ten previsto reactivar a produción nas cubas de electrólises do complexo mariñán.

Os termos do contrato establecen que Endesa proverá anualmente a San Cibrao de 1.151 GWh que procederán, segundo apuntan as compañías implicadas en senllos comunicados, de parte da produción dos parques eólicos proxectados por Enel (filial de Endesa) no norte da Comunidade galega.

A través deste contrato de compravenda de electricidade a longo prazo, Endesa cubrirá un terzo das necesidades enerxéticas de Alcoa na planta do municipio de Cervo. Ademais, asumirá o papel de comercializadora, polo que “integrará e xestionará” a enerxía procedente doutros acordos asinados pola multinacional con outras empresas, como o subscrito con Greenalia en maio deste ano.

Así, a compañía prevé que parte da enerxía producida nestes parques eólicos empezo a incorporarse de forma “progresiva” ao contrato con Alcoa a partir do ano 2025.

Segundo apunta a compañía, estes parques promovidos a través de Enel Green Power España –filial de Endesa– suman unha capacidade de 816 megawatios e suporán un investimento de 1.000 millóns de euros para a súa posta en marcha.

En relación a isto, Endesa lembra que solicitou á Xunta a cualificación destas iniciativas como “proxectos excepcionais” para que a súa tramitación sexa considerada “prioritaria”.

“Estamos orgullosos de contribuír a manter a actividade dunha das plantas industriais máis importantes de España e, á vez, dun dos nosos clientes máis emblemáticos, Alcoa”, sinalou o director xeral de Comercialización de Endesa, Javier Uriarte, que tamén destacou que os proxectos eólicos proxectados para A Coruña e Lugo “contribúen a que o mix enerxético español sexa cada vez máis renovable”.

O 75% DAS “NECESIDADES”

Pola súa banda, o vicepresidente mundial de Enerxía de Alcoa e presidente da multinacional en España, Álvaro Dourado, valorou o contrato asinado como “un avance importante”, aínda que matizou que “o éxito da planta de aluminio primeario dependerá do desenvolvemento dun marco enerxético competitivo a longo prazo en España e da aprobación destes parques eólicos”.

A compañía con base en Pittsburgh sinala que “o volume final e o inicio das entregas de enerxía en carga basee adaptaranse a medida que evoluciona o desenvolvemento dos parques eólicos”.

Ademais, apunta que os contratos asinados con Endesa e Greenalia “poderían proporcionar ata o 75 por cento aproximadamente” das necesidades enerxéticas da planta de aluminio “a plena capacidade”.

TRABALLADORES

Os traballadores da planta de San Cibrao celebraron a “gran noticia” que, en palabras do presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, supón o acordo entre Alcoa e Endesa.

Nun vídeo difundido tras coñecerse a firma do contrato, Zan demandou á Xunta que declare a “excepcionalidade” dos proxectos eólicos que Endesa e Greenalia planean empregar para abastecer San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...