InicioEconomíaO Porto de Celeiro e a USC asinan un convenio de colaboración...

O Porto de Celeiro e a USC asinan un convenio de colaboración para o estudo da actividade económica das instalacións portuarias

Alén da dimensión empresarial de Porto de Celeiro, entidade coa que a Facultade de ADE podería colaborar na realización de estudos, proxectos ou tarefas de asesoramento, Roberto Bande agarda que o feito de que a USC teña máis visibilidade na Mariña se traduza tamén nun maior fluxo de estudantes cara a sede universitaria luguesa.

Publicada o

- Advertisement -

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo estreita ligazóns coa Mariña a través dun convenio con Porto de Celeiro. O acordo, asinado polo reitor da USC, Antonio López, e o director adxunto de Porto de Celeiro, Eduardo Míguez, abre a porta á colaboración entre as dúas institucións para elaborar estudos sobre a actividade económica e empresarial no sector, ademais de para desenvolver calquera tipo de iniciativa a prol da promoción da formación e da I+D+i, así como do desenvolvemento tecnolóxico.

O decano da Facultade de ADE da USC, Roberto Bande, salientou a importancia da nova etapa de colaboración iniciada entre o centro universitario lugués e Porto de Celeiro, en cuxas instalacións se descargan máis de dous terzos do peixe fresco que entra en España. A relevancia deste polo económico e empresarial está fóra de dúbidas, engade Bande, quen confía en que o convenio asinado entre USC e Porto de Celeiro se traducirá en resultados vantaxosos para as ambas entidades.

O decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas considera asemade importante que a USC estea presente na Mariña luguesa, tanto pola intensa actividade económica e empresarial dunha comarca fondamente vencellada ao sector primario pesqueiro, como por tratarse dun polo de referencia no eido da innovación.

Alén da dimensión empresarial de Porto de Celeiro, entidade coa que a Facultade de ADE podería colaborar na realización de estudos, proxectos ou tarefas de asesoramento, Roberto Bande agarda que o feito de que a USC teña máis visibilidade na Mariña se traduza tamén nun maior fluxo de estudantes cara a sede universitaria luguesa.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...