InicioEconomíaVolve "Coñece a túa provincia" da Deputación de Lugo con novas rutas...

Volve “Coñece a túa provincia” da Deputación de Lugo con novas rutas pola Mariña

'Coñece a túa provincia' inclúe o transporte para os traslados de ida e volta desde o lugar de orixe, unha póliza de seguro de viaxeiros, a comida e as entradas e visitas aos puntos de interese. Ademais, indicaron que "as visitas as realizan profesionais que teñen habilitación de guía oficial de turismo de Galicia".

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo retoma o programa ‘Coñece a túa provincia’ co que, desde este martes e ata o venres, 180 veciños dos municipios de Lugo, O Incio, O Páramo, Chantada, Castro de Rei e As Nogais percorrerán, nesta ocasión, A Mariña de forma gratuíta.

Esta é a segunda edición do programa, que empezou esta primavera, e, segundo a institución, “xa se beneficiaron máis de 2.000 persoas”. A Deputación indicou nun comunicado que este outono son 55 as asociacións e colectivos sen ánimo de lucro “que contan con reservas para viaxar pola provincia ata o mes de novembro”.

A asociación veciñal San Amaro de Barbaín, do Incio, e a Asociación de Comerciantes e Industriais da Milagrosa (Lugo) foron as primeiras en realizar a súa viaxe á Mariña este martes. Nesta edición tamén van participar outras como a Asociación Parroquial de Veciños San Xoan da Laxe ou a Asociación de Veciños O Cadaval, de Castro de Rei.

‘Coñece a túa provincia’ inclúe o transporte para os traslados de ida e volta desde o lugar de orixe, unha póliza de seguro de viaxeiros, a comida e as entradas e visitas aos puntos de interese. Ademais, indicaron que “as visitas as realizan profesionais que teñen habilitación de guía oficial de turismo de Galicia”.

ACONDICIONAMENTO DA SEDE

Noutra orde de asuntos, a Deputación lucense acomete traballos de reparación e acondicionamento da fachada da sede da institución provincial, o Pazo de San Marcos. As tarefas, adxudicadas en 150.000 euros, consisten na limpeza das paredes, o saneamento de fisuras e gretas, a eliminación de humidades e de filtracións de auga e o pintado.

Este proxecto tamén contempla a colocación na fachada dunhas letras en aceiro pintado co texto ‘Deputación Provincial de Lugo’. Así mesmo, realizaranse traballos de reparación na pintura de salón de plenos

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...