InicioEconomíaAlcoa traslada que "non chega a tempo" co forno de cocción para...

Alcoa traslada que “non chega a tempo” co forno de cocción para producir en xaneiro de 2024 e o comité rexéitao

"As cantidades foron postas por eles (...) Se non lles dá tempo para 2024 ou é máis caro, é problema de Alcoa", resolveu.

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa trasladou que “non chega a tempo” co forno de cocción para producir o 1 de xaneiro de 2024, algo que, para o comité de empresa da planta de San Cibrao, en Cervo, é “problema” da multinacional, polo que o rexeita.

Este mércores celebráronse dúas reunións en Madrid de seguimento da situación da factoría. A primeira, sobre a planta de Alúmina, abordou os “problemas e perdas”, pero a empresa sinalou que “a situación mellorou pola baixada do prezo do gas”, en palabras do presidente do comité, José Antonio Zan. Respecto diso, indicou que Alcoa está “a traballar en buscar solucións” que “comentarán nunha próxima reunión”, aínda que “son optimistas”.

No outro encontro abordáronse os investimentos comprometidos e en concreto sobre o forno de cocción Zan apuntou que a multinacional informa de que “non chega a tempo” para o 1 de xaneiro de 2024 “telo funcionando”.

“Queren negociar connosco”, explicou, antes de avisar de que “calquera cousa que se salga do acordo –asinado no seu día, o que implicou a parada da produción– é problema de Alcoa”. “As cantidades foron postas por eles (…) Se non lles dá tempo para 2024 ou é máis caro, é problema de Alcoa”, resolveu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...