InicioEconomíaAlcoa suspende ao xefe de planta e a dous cargos en Cervo...

Alcoa suspende ao xefe de planta e a dous cargos en Cervo dentro dunha análise de xestión da fábrica

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa suspendeu ao xefe de planta e a dous cargos na factoría de aluminio en San Cibrao, en Cervo, dentro dunha análise da xestión da fábrica.

Fontes da multinacional sinalan que se trata dun asunto interno e apuntan a unha análise “que se prevé que conclúa nas próximas semanas”.

Mentres leva a cabo esta revisión, haberá unha dirección interina, destacan, aínda que advirten de que “isto non afecta ás actividades da planta, que continúan con normalidade”.

Da mesma maneira, as fontes de Alcoa consultadas indican que isto tampouco afecta os investimentos previstos para o reinicio da actividade.

Esta información transcende o día en que a empresa reuniu en León ao comité de empresa de Cervo para abordar a desviación prevista nas obras do forno de cocción na planta de aluminio.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...