Mancomunidade da Mariña prepara o plan estratéxico de marketing da comarca dentro do PST

O Plan de Sustentabilidade Turística (2022-2024) está cofinanciado pola SETUR, Turismo de Galicia e os Concellos que compoñen a propia Mancomunidade co apoio da Deputación de Lugo.


No contexto do Plan de Sustentabilidade Turística, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de realizar na pasada semana dúas xornadas de traballo con axentes públicos e privadosdo sector, na que participaron máis de 30 representantes de Concellos da Mariña, do GDR Terras de Miranda, do GALP A Mariña – Ortegal, de Turismo de Galicia, da Deputación de Lugo, do IES de Foz, de aloxamentos de diversa tipoloxía, de artesanía, de guías e turismo activo e deportivo.

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, explicou que “o motivo destes encontros está relacionado coaelaboración doPlan Estratéxico e Operativo de Marketing Turístico para A Mariña Lucense, un traballo que permitirárevisar e definir o modelo turístico e de posicionamento da Mariña, que establecerá a estratexia de mercados e a súa priorización, revisará a carteira de produtos actuais e potenciais e definirá as fórmulas de promoción máis axeitadas para o destino e os seus produtos. Tamén proporá o Plan Operativo de Marketing 2023-2025, desplegando, definindo e calendarizando accións e iniciativas”.

Cajoto Caserío sinalou que “ademais desta xornada e co obxectivo de mellorar o aspecto da gobernanza no destino, dende a Mancomunidade véñense impulsado ao longo destes meses, outra serie de actuacións relacionadas coa participación dos axentes do territoriovinculados á actividade turística como reunións, envío de cuestionariospara coñecer traballos realizados, opinións, potencialidades, fraxilidades e necesidades sobre actuacións relativas ao turismo deportivo e de natureza, o Camiño do Mar, a Ruta Pardo de Cela, sinalización turística e experiencias de turismo slow, entre outras”.

E engadiu que “dentro do PST na Mariña Lucense dende a Mancomunidade estase contemplado ampliar esta participación á cidadanía en xeral, tendo en conta a turistas e residentes”.

O Plan de Sostibilidade Turística (2022-2024) está cofinanciado pola SETUR, Turismo de Galicia e os Concellos que compoñen a propia Mancomunidade co apoio da Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here